Presentador

Quén é Bruno Doiro?
Bruno Doiro é actor de dobraxe e asesor de marcas. Pero a súa andaina por escenarios comezou de rapaz, facendo maxia. Por máis que lle apaixonase, cos anos tivo que afastarse diso, pero hai pouco deixou o seu traballo como director creativo e reconectou co público como charlatán por encargo e, como veredes neste Batea Son, mestre de cerimonias.